share
Sala de espectáculos ao aire libre creada orixinalmente para a exhibición de películas na época estival.
Tiña escenario e platea descuberta, dúas plantas con lóxias cubertas e unha terraza bar, que podían acoller mil persoas, foi deseñada polo arquitecto Jose Manuel Guardiola.
No estilo atopamos unha
mestura de casticismo e modernidade dos 50 que roza no kitsch. Atópase en proceso de rehabilitación.