A Real Sociedade de Golf de Neguri foi fundada no ano 1911 contando cun percorrido de 11 buracos, situado en terreos do concello de Leioa. Debido ao desenvolvemento demográfico da zona, adquiríronse terreos en Punta Galea, concello de Guecho, nos que se construíu o novo campo que foi inaugurado no ano 1961. [+ info]
A Real Sociedade de Golf de Neguri foi fundada no ano 1911 contando cun percorrido de 11 buracos, situado en terreos do concello de Leioa. Debido ao desenvolvemento demográfico da zona, adquiríronse terreos en Punta Galea, concello de Guecho, nos que se construíu o novo campo que foi inaugurado no ano 1961.
O campo dispón dun percorrido de 18 buracos, cunha lonxitude total de 6.280 metros, cun par 72 e un valor slope de 126. Está situado a 60 metros sobre o nivel do mar e foi deseñado por D. Javier Arana.
O percorrido comprende unha primeira volta de 9 buracos situada sobre o penedo e con vistas ao mar Cantábrico, onde o factor que máis afecta ao xogo é o forte vento do noroeste que azouta a zona. A segunda volta do percorrido ten un carácter ben distinto ao dos primeiros buracos. Nesta volta, a dificultade céntrase na masa de plantación, maioritariamente de piñeiro mariño que rodea cada buraco.
Ao longo da historia deste club, foronse celebrando nas súas instalacións numerosas e importantes competicións, tanto a nivel amateur como profesional.
A Sociedade dispón ademais de campo de prácticas, pitch & putt, putting green, buracos curtos, piscinas, pistas de pádel, campo de fútbol, Club Infantil e Club Xuvenil.