A Praza Maior foi durante séculos o corazón do Casco Histórico e segue a ser o principal punto de encontro na cidade. Amplia, luminosa e con soportais, ten forma irregular e a particularidade de ser unha das poucas prazas maiores en Europa cun chan levemente inclinado. [+ info]
A Praza Maior foi durante séculos o corazón do Casco Histórico e segue a ser o principal punto de encontro na cidade. Amplia, luminosa e con soportais, ten forma irregular e a particularidade de ser unha das poucas prazas maiores en Europa cun chan levemente inclinado.
A Praza Maior (antano Praza do Campo) acolle algunhas das principais monumentos da cidade. No centro destaca a fachada da Casa Consistorial, obra de Queralt que ocupa o único lateral sen soportais. Ao seu carón, o Antigo Palacio Episcopal, co que parece competir en maxestosidade.
Os outros tres laterais son os soportais que forman o Espolón, antigo paseo da nobreza hoxe reconvertido nunha das zonas de terrazas máis animadas do centro. Sobre el, fermosas fachadas de casas nobiliarias dos séculos XVIII e XIX, entre elas un deseño de Vázquez Gulías para a casa de Fermín García (hoxe reconvertida en espazo expositivo) adornada con azulexos, un fermoso exemplo de arquitectura modernista en Ourense.